Visitas guiadas

Explora o castelo da man dunha persoa experta

Continuando o iniciado o pasado ano, ofértase unha nova edición de visitas guiadas ao Castelo da Rocha Forte co obxectivo de explicar e contar in situ a súa historia. Estas visitas, de carácter divulgativo e didáctico, están dirixidas aos cidadáns, estudantes, colectivos culturais, etc...

As visitas guiadas ao castelo son de balde e erealizaranse sempre mediantes inscrición (reserva) previa, tendo en conta o nº máximo de participantes para cada visita, segundo o calendario que presentamos de seguido.

Quen pode asistir?

As visitas están abertas ao público en xeral e á poboación escolar. Ofrecemos calendarios de visitas específicos para cada un destes grupos.

As asociacións, colectivos, entidades ou outras agrupacións que o soliciten en datas/horarios diferentes ás marcadas no calendario, chamando ao 986 572 267 ou ao 685 860 773 en horario de mañá.

Cando?

1. Para centros de ensino

As visitas escolares realizaránse os luns, martes e mércores ata o mes de decembro deste ano.

O inicio da visita realizarase a partir das 10:00 horas acomodando, na medida do posible, as necesidades ou oportunidades do centro, consensuadas cos responsables do servizo de visitas (teléfono 986 572 267 ou 685 860 773 en horario de mañá).

O itinerario guiado ten unha duración máxima aproximada de 1,30 horas e os grupos non poderán exceder de 50 persoas nunha mesma visita.

2. Para público en xeral

Os sábados realizamos dúas visitas ao día, ás 11:00 e ás 18:00 horas, agás durante o mes de agosto, que trasladan aos xoves no mesmo horario. Os grupos non poden exceder de 25 persoas e encheranse por rigurosa orde de entrada.

Como inscribirse?

A inscrición é de balde e pode formalizarse cubrindo o formulario da correspondente visita na web, por teléfono ou presencialmente en:

Oficina da Cidade histórica e Rehabilitación do Concello de Santiago (horario de 9:00 a 14:00 horas).
Tel. 981 542 437. Rúa do Preguntoiro 1, 15704 Santiago.

E se non podo asistir?

Se non podes asistir á visita na que te inscribiches, agradecerémosche que nos avises chamando á Oficina da Cidade histórica e Rehabilitación do Concello de Santiago.

Algo non funciona ben?